Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loureiro asina na Coruña para achegar "carácter e intensidade"

Loureiro asina na Coruña para achegar "carácter e intensidade"

O cercedense asume o reto de liderar no vestiario unha defensa na que hai moita xuventude

G24.gal 13/08/2025 13:45

O cercedense Miguel Loureiro foi presentado no Deportivo. Defensa que pode actuar como central ou lateral, de 28 anos, e que pasou polas categorías inferiores do club branco e azul cando era infantil. Daquela unha lesión impedíralle seguir. Tivo que traballalo moito, no Bergantiños, no Pontevedra, Córdoba, Rácing, Lugo ou Huesca. Tardou en chegarlle a oportunidade pero déronse as circunstancias esta campaña e non dubidou en facer sacrificios económicos para cumprir o seu soño de cativo, xogar no primeiro equipo do cadro coruñés. 

Que vai achegar Loureiro ao Deportivo? "Carácter e intensidade", comentou o defensa. Loureiro ten moita experiencia nunha zaga moi nova con Barcia ou Samu como representantes da canteira e do futuro pero aos que un veterano como o da Silva pode asentar. 

A presenza de Antonio Hidalgo tamén influíu moito na decisión do xogador e do club. O adestrador coñéceo á perfección da súa etapa no Huesca e non dubidou en apostar por un xogador que nunca falla, fai vestiario e no campo é un prodixio de concentración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade