Cargando resultados...
Localizan o corpo dunha muller na localidade toledana de Valmojado
A UME buscaba na zona unha desaparecida o domingo tras ser arrastrado o seu coche polas fortes chuvias
G24.gal
09/09/2023 19:08
Última actualización 09/09/2023 22:53
O dispositivo de busca da Unidade Militar de Emerxencias (UME) localizou o cadáver dunha muller moi preto do regato de Vallehermoso, na localidade toledana de Valmojado.
Andaban a procura da muller de 54 anos desaparecida o domingo pasado, despois de que o seu coche fora arrastrado polas fortes chuvias. O corpo, aínda pendente de identificar, estaba entre as vides, oculto pola maleza e o lodo.
Este venres foron localizados os cadáveres dos outros dous desaparecidos a consecuencia da riada en Aldea del Fresno.