Llull e o Chacho levan o Real Madrid ao triunfo na Euroliga
Llull e o Chacho levan o Real Madrid ao triunfo na Euroliga
Unha tripla de Sergio Rodríguez a un minuto do final achegou o equipo branco e Llull culminou a remontada cando só quedaban tres segundos
O Real Madrid gañou a undécima Copa de Europa de baloncesto dun xeito épico. Cunha canastra de Sergio Llull a tres segundos do final, os primeiros puntos de Llull en todo o partido (78-79).
O Olympiakos dominou de inicio (24-17), pero o Real Madrid remontou e igualou antes do descanso (45-45). No terceiro cuarto os gregos volveron coller o mando do partido, pero o equipo español nunca lle perdeu a cara ao encontro. Levados por Edy Tavares (13 puntos e 10 rebotes) e coa aparición maxistral dos de sempre nos momentos quentes.
Quedaba un minuto para o final cando o Chacho Rodríguez asumiu a responsabilidade e anotou unha tripla que poñía o Real Madrid a un punto (78-77). O Olympiakos fallou a súa opción e quedoulle a bóla nas mans a Sergio Llull. Anotou a canastra decisiva, a única. A que pasará á historia.