Inicio triunfal do Liceo na Champions derrotando o Oliveirense (3-2)
Os de Juan Copa fixeron unha gran primeira metade e conseguiron derrotar un dos grandes de Europa
Na segunda metade non se moveu o marcador e destacou a actitude defensiva do equipo liceísta
@HockeyClubLiceo
Grande estrea do Liceo na WSE Champions League o comezar cunha vitoria ante o poderoso Oliveirense no Pazo dos deportes de Riazor.
O Liceo comezou moi enchufado o partido. Arnau Xaus e César Carballeira acadaron rapidamente os dous primeiros goles do partido. Reaccionaría o Oliveirense e reduciría diferenzas cun gol de Rouzé. Pero Jacobo Copa volvería colocar os dous goles de renda favorable ós coruñeses. Pero antes do descanso volvería a marcar o equipo portugués por medio de Lucas Martínez. Chegábase o descanso co 3-2 favorable ao equipo local nun partido repleto de alternativas.
Na segunda metade mantívose o ritmo alto de partido pero sen acerto cara á portería contraria. Os lusos buscaron o empate por todos os medios incluso rematando con porteiro xogador pero os de Juan Copa defendéronse con orde e acerto para pechar o marcador e iniciar a máxima competición continental cunha sufrida vitoria.