Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inmellorable estrea de Alejandro Menéndez cun triunfo no campo do Levante

Inmellorable estrea de Alejandro Menéndez cun triunfo no campo do Levante

O gol de Dorrío no minuto nove serviulle a un Rácing que fixo un gran exercicio defensivo

G24.gal 03/02/2025 22:02 Última actualización 03/02/2025 22:23

Non puido comezar de mellor xeito a etapa de Alejandro Menéndez á fronte do Rácing. Cun triunfo no campo do Levante (0-1) que aumenta as posibilidades de salvación. 

Grande inicio do Rácing. Non só polo gol marcado por Dorrío despois dun gran centro de Jáuregi. A seriedade do equipo en defensa impedíalle progresar ao Levante e en ataque Raúl Blanco aparecía con perigo. Así estivo o encontro ata a media hora cando os locais meteron unha marcha máis e comezaron a acosar a porta de Jesús Ruiz. O porteiro fíxose grande na portería racinguista e sacou tres mans prodixiosas que mantiveron o triunfo ata o descanso. 

O segundo tempo volveu a saír ben o Rácing en defensa. En vinte minutos non aconteceu nada preto das áreas. O Levante moveu pezas coa entrada de Morales e iso revolucionou o partido. O dianteiro levantinista rematou alto por pouco e á contra o Rácing gozou da mellor para marcar o segundo cunha dobre oportunidade que salvou Andrés Fernández. 

O treito final foi de acoso por parte do Levante que acabou sacando un penalti cando se entraba no engadido. A xogada, cun contacto moi feble por parte de Puric, foi revisada e anulada polo VAR para sorte do Rácing que acabou sacando tres puntos fundamentais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos