Un edificio en ruínas de Vigo leva agardando pola derruba desde 2020
O inmoble está na rúa Carral, a escasos metros da Porta do Sol
En plena milla de ouro viguesa, un edificio está en proceso de derruba desde 2020 na rúa Carral, a escasos metros da Porta do Sol e do peirao de cruceiros. A estrutura produce filtracións e o seu abandono provoca a proliferación de gatos e a caída de cascallos e cornixas.
Case no quilómetro cero de Vigo, no número tres de Carral. A rúa é moi transitada por todos os turistas tanto no Nadal como en verán ou na época de cruceiros ou campañas comerciais porque está moi preto da rúa do Príncipe tamén.
Na zona hai varios proxectos urbanísticos cobizosos no vello edificio do Louvre para facer apartamentos de luxo, pero tamén zonas paralizadas como o vello aparcadoiro da Porta do Sol onde se vai facer un túnel ou o decadente hotel Princesa.
Postos en contacto coa empresade demolición apuntaron que a derruba non está en absoluto paralizada.