Leo Westermann xa está recuperado e listo para xogar co Obradoiro
O base francés afirma estar para xogar o sábado e axudar a virar a mala dinámica do equipo
As ventás de selección úsanse para labores de mantemento e, no caso do Obradoiro, para despexar dúbidas sobre o estado de saúde de Leo Westermann.
"Non, non, non, acabáronse. Síntome ben, xa fixen adestramento e iso é o máis importante"
Así respondía o xogador esta mañá á pregunta sobre se seguen as súas dores de costas. Molestias que fixeron saltar todas as alarmas.
Tamén no base santiagués, que xustificou a viaxe a Alemaña para visitar ao médico do Bayern Múnic.
"É un médico que coñezo dende hai sete anos e voo regularmente a velo. Dúas veces ao ano vou onda el para unha revisión rutineira"
Westermann afirma estar para xogar o sábado, e axudar a virar a mala dinámica do equipo que el apón á falta de constancia minuto por minuto.
"Temos que xogar ben non 20 ou 25 minutos, temos que facelo 45 minutos. Iso é moi importante na liga española"
Obradoiro recibe o sábado a Unicaja, sexto no torneo e un equipo, en palabras de Leo Westermann, moi mellorado no ultimo ano.