Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leire Díez encadra a conversación sobre a UCO cunha investigación xornalística que está a facer

Leire Díez encadra a conversación sobre a UCO cunha investigación xornalística que está a facer

A exconcelleira do PSOE nega calquera relación contractual co partido e desvincúlao do caso

Asegura que a súa participación na conversa foi "circunstancial" e centrada no caso Hafesa

Leire Díez, exdirectora de Comunicación na empresa pública Enusa e en Correos (Foto de arquivo/A. Pérez Meca/Europa Press) Leire Díez, exdirectora de Comunicación na empresa pública Enusa e en Correos (Foto de arquivo/A. Pérez Meca/Europa Press)
G24.gal 26/05/2025 23:43

Leire Díez recoñeceu que mantivo a conversación telemática na que se fala dun tenente coronel da UCO, pero só con motivo dunha investigación xornalística "pura e dura" que está a levar a cabo sobre o caso dos hidrocarburos, e negou ter ningunha vinculación contractual co PSOE.

"Que ten que ver o PSOE en todo isto?", preguntouse Leire por mor do audio que desvelou 'El Confidencial' en que presuntamente persoas ligadas ao PSOE solicitan a un empresario información comprometedora de Antonio Balas.

Leire Díaz, quen foi concelleira do PSOE no municipio cántabro de Vega de Pas, sinalou que aínda segue sendo militante do partido, pero asegurou que non ten ningunha relación contractual e que "nunca" foi "nada" nesta formación.

Recoñeceu que estivo nesa conversación telemática na que se falou da UCO, pero afirmou que foi "circunstancial" e con motivo da investigación xornalística que está a levar a cabo polo caso de Hafesa, empresa acusada dunha suposta fraude de máis de 154 millóns de euros do IVE de hidrocarburo.

"Estaba a exercer de xornalista pura e dura", afirmou quen foi xefa de Comunicación na empresa pública Enusa (2018-2021) e directora de Filatelia e Relacións Institucionais en Correos (2022-2024).

Leire Díez sinalou que desde hai 15 meses non está vinculada a ningunha actividade pública e só se está dedicando á investigación xornalística sobre o caso dos hidrocarburos.

Explicou que, encadrado nesa investigación como xornalista, é polo que falou da UCO. "Todo para conseguir a documentación que conseguín", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade