Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lanzan dous médicos en paracaídas para atender un caso de hantavirus na illa Tristán da Cunha

Lanzan dous médicos en paracaídas para atender un caso de hantavirus na illa Tristán da Cunha

O paciente é un pasaxeiro do cruceiro MV Hondius que desembarcara na illa en abril

Tristan da Cuha, no Atlántico Sur, está considerada a illa habitada máis remota do mundo

G24.gal 10/05/2026 19:29

Novo caso sospeitoso de hantavirus na illa Tristán da Cunha, territorio británico de ultramar situado no Atlántico Sur. O paciente é un pasaxeiro británico do cruceiro MV Hondius que desembarcara na illa en abril. 

O Exército do Reino Unido levou a cabo unha operación inédita: lanzou dous médicos militares en paracaídas para atender a persoa infectada co virus. Na operación tamén se enviaron bombonas de osíxeno e material sanitario de urxencia.

Tristan da Cunha, considerada unha das illas máis afastadas, só ten dous médicos para atender unha poboación duns 220 habitantes. A illa non ten pista de aterraxe.

Os pasaxeiros británicos do cruceiro permanecerán en corentena durante 45 días ao regresaren ao Reino Unido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade