Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve e o xeo provocan máis dunha vintena de incidencias nas estradas galegas

A neve e o xeo provocan máis dunha vintena de incidencias nas estradas galegas

A Veiga rexistra a temperatura mínima de Galicia con -8,7º graos nunha nova xornada de frío

En directo webcam da CSAG en Cabeza de Manzaneda
G24.gal 06/01/2026 10:51 Última actualización 06/01/2026 18:54

O 112 Galicia rexistrou este martes máis dunha vintena de incidentes relacionados con xeo ou neve nas estradas, na súa maioría en vías secundarias e sen que se producisen danos persoas.

En total contabilizáronse ata 26 incidentes, entre os máis destacados dous accidentes rexistrados nos municipios de Muras e Chandrexa de Queixa, ambos sen feridos.

Os vehículos pesados teñen restrinxido o acceso ao Cebreiro e teñen prohibido adiantar na Nacional 525 e na 540 por meteoroloxía adversa. As máquinas quitaneves traballan para facilitar a circulación. 

O municipio ourensán da Veiga rexistrou a temperatura mínima de Galicia este martes con -8.7 ºC ás 07:50 horas, segundo os datos de MeteoGalicia. Así mesmo, as localidades ourensás de Manzaneda e Carballeda de Valdeorras rexistraron temperaturas mínimas na comunidade, con -8,5 ºC e -7,9 ºC respectivamente. Tamén na provincia de Ourense rexistráronse temperaturas extremas durante a mañá deste martes en Cervantes con -6 ºC.

O frío converteuse en neve en canto choveu. Un manto branco cobre boa parte da provincia lucense. No Cebreiro é todo un espectáculo. Comentan algúns visitantes que "é o que esperas un día de Reis. É moi bonito para vir cos nenos. É precioso, un día encantador". "Onte comezou nevar pola noite e hoxe xa ves, a estampa está estupenda".

Cun aviso amarelo ata as tres da tarde na Montaña lucense, o lugar atrae a moitos visitantes. Segundo manifestan, "está moi frío. Son de Brasil, alí non vai frío, pero aquí fai moito. É a miña primeira vez na neve". "Nosoutros, que somos de Brasil, nunca víramos a neve antes de vir a España e a min paréceme incrible para que as nenas gocen, xoguen. Estamos contentos de pasear por aquí". "Xa sabiamos que ía haber neve hoxe e onte. Pillámola a última hora da noite".

Iso si, convén tomar precaucións. Explica un comerciante do Cebreiro que "caeron sobre dez centímetros, e como hai xeo mantense moi ben a neve- Hai que andar con coidado na estrada, pero se pasa perfectamente".

As máquinas quitaneves manteñen as vías despexadas, pero a néboa por veces cobre a paisaxe e dificulta a visibilidade. Unha visitante natural de Colombia expresa que "O Cebreiro é o máximo, é un soño".

Con todo, paga a pena gozar da paisaxe. A cota de neve baixou ata os 400 metros de altura, pero ao longo do día vai subindo. A primeira hora houbo varias estradas afectadas, pero arestora están todas abertas. Os vehículos pesados teñen restrinxido o acceso ao Cebreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade