Publicador de contidos

Publicador de contidos

Koldo García di que "non hai manta ningunha da que tirar" e que "ninguén fixo nada irregular"

Koldo García di que "non hai manta ningunha da que tirar" e que "ninguén fixo nada irregular"

Nunha entrevista concedida a OK Diario, o antigo asesor de Ábalos considera que o PSOE está a ser "moi inxusto" co exministro, de quen di que é "un fiel servidor público"

Koldo García di que se pon en mans da xustiza para que determine se se equivocou e que, nese caso, "terei que asumir os meus erros"

Koldo García abandona a Audiencia Nacional o pasado 20 de febreiro
G24.gal 11/03/2024 08:51

Koldo García afirma que "non hai ningunha manta da que tirar nin nada que se lle pareza" porque "ninguén fixo nada irregular" no caso que investiga a compra de máscaras durante a pandemia.

Nunha entrevista concedida a OK Diario, o antigo asesor de José Luis Ábalos considera que o PSOE está a ser "moi inxusto" co exministro polo que mostra a súa admiración pois "creo que é un home que o deu todo, non por el mesmo, senón por España, e que foi un fiel servidor público".

Koldo opina que se está sendo cruel co exministro de Transportes de quen di que "dedicou a súa vida á política e a axudar a todo o mundo. Creo que é un dos mellores políticos que ten España".

Engade Koldo García sobre a xestión política de Ábalos que "a súa vontade de solucionar problemas, de axudar á xente e as súas crenzas e as súas ideoloxías, poñelas en dúbida paréceme non cruel, senón o seguinte".

Na súa opinión, as persoas que deberían de axudar a Ábalos en situacións difíciles "non estiveron á altura".

Koldo García di que se pon en mans da xustiza para que determine se se equivocou e que, nese caso, "terei que asumir os meus erros"

Di Koldo García que non é consciente de facer "nada malo" e ponse en mans da xustiza para que determinen se se equivocou e que, se fose así, "terei que asumir os meus erros".

Nega de igual modo que tivese un grande incremento patrimonial segundo se recolle na investigación e no informe da Garda Civil, o que "xustificarei", dixo, e verase claramente que "iso non é así".

O exasesor afirma que "non hai ningunha manta da que tirar nin nada que se lle pareza. Ninguén fixo nada irregular ou iso penso eu. E estou a crer en min mesmo".

Koldo García garante na entrevista "que hai outras persoas que seguro que non fixeron nada malo porque non teñen nada que ver nisto".

"O que pense o partido do señor José Luis Ábalos, pois ben, pois terano que saber eles e os seus dirixentes tamén", engade.

"A actuación con el, baixo o meu punto de vista e na miña opinión, foi un erro. Non o merece", di Koldo García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade