Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pere Aragonés: "Non abandonarei a cidadanía"

"Non abandonarei a cidadanía", di Pere Aragonés
G24.gal 07/10/2022 20:05 Última actualización 08/10/2022 12:19

O presidente da Generalitat, Pere Aragonés, asegurou esta noitiña que seguirá á fronte do Goberno de Cataluña a pesar da decisión de JxCat de abandonar o executivo. 

Quedará en minoría, pero Aragonés di que buscará pactos con outros partidos para seguir coa súa tarefa.

A presidenta de JxCat, Laura Borràs, afirmou este venres que o presidente da Generalitat, Pere Aragonès, perdeu a súa "lexitimidade democrática", ao "fracasar" no seu intento de liderar un goberno de coalición, e retouno a someter o seu cargo a votación no Parlament.

Lembramos que a consulta interna de JxCat sobre a posibilidade de deixar o goberno de coalición se saldou cunha vitoria, por un 55,73 % dos votos, dos partidarios de abandonar o Govern, fronte a un 42,39 % de votos a favor de seguir e un 1,88 % de votos en branco.

Aragonés quedou co apoio dos 33 deputados de ERC, fronte aos 74 votos que recibiu -tamén de JxCat e a CUP- na súa investidura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade