Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSOE e Sumar únense para impedir que o Congreso vote as enmendas de PP e Junts sobre eleccións

PSOE e Sumar únense para impedir que o Congreso vote as enmendas de PP e Junts sobre eleccións

Os socios de Goberno votaron no mesmo sentido na reunión da Mesa alegando que esa competencia é exclusiva do xefe do Executivo e non do lexislativo

Os independentistas propoñía votar para esixir que Sánchez disolva as Cortes e convoque os comicios

O PP na súa enmenda pídelle ao Executivo recoñecer que a lexislatura está rematada e que "devolva a palabra aos cidadáns a través das eleccións"

A presidenta Armengol camiño da reunión da Mesa do Congreso. Europa Press. A presidenta Armengol camiño da reunión da Mesa do Congreso. Europa Press.
G24.gal 16/06/2026 15:45

O PSOE e Sumar uniron este martes os seus votos na Mesa do Congreso para impedir que se voten no Pleno deste xoves as emendas de PP e Junts para emprazar ao presidente Pedro Sánchez a poñer fin á lexislatura e convocar eleccións.

Os partidos que forman parte do Goberno alegan que esa competencia é exclusiva do xefe do Executivo e non do lexislativo.  Ambas emendas, rexistradas este martes para engadir un quinto punto a unha iniciativa do Grupo Popular, tiñan como obxectivo instar a Sánchez a adiantar as eleccións xerais. 

En concreto, a emenda dos independentistas buscaba instar "o presidente do Goberno español a propoñer a disolución das Cortes Xerais e convocar eleccións xerais, de conformidade coa prerrogativa que lle confire a lexislación vixente, atendendo o carácter político, sen vinculación xurídica, da presente iniciativa". 

 Pola súa banda, a do PP emprazaba o Goberno "a recoñecer que a lexislatura actual chegou á súa fin, debido á situación de bloqueo político que atravesa e a que actúe coa máxima responsabilidade institucional, devolvendo a palabra aos cidadáns a través da convocatoria de eleccións xerais conforme as previsións constitucionalmente establecidas, para restablecer a normalidade democrática, recuperar a confianza na nosa democracia e asegurar que o interese xeral prevaleza sobre calquera interese político".   

Antes da reunión da Mesa do Congreso para analizar as emendas, o portavoz do Grupo Socialista, Patxi López, xa argumentara en conferencia de prensa que a convocatoria de eleccións é decisión exclusiva do presidente do Goberno, e que por tanto non deber votar no Pleno. 

 "Ao Congreso non lle corresponde votar iso. Convocar eleccións é prerrogativa do presidente e correspóndelle a el en exclusiva decidir cando se convocan. É dicir, nin Junts, nin o PP, nin o Congreso poden adoptar esa decisión", aseverou López,

Junts cre o que rexeitamento da enmenda evidencia a "debilidade extrema" do Goberno

A formación catalá pronunciouse nun comunicado despois da decisión da Mesa non aceptara nin a súa emenda nin a do PP.

"Queda claro, tras esta decisión, a evidencia da debilidade extrema na que se atopa o Goberno do Estado español, incapaz de afrontar unha sinxela votación no pleno", argumentou o partido de Carles Puigdemont.

Junts tachou de "inaudita" esta decisión e lembrou a proposición non de lei que presentaron en febreiro de 2025 na que pedían a Sánchez someterse a unha cuestión de confianza e que a Mesa entón "admitiu a trámite sen ningún problema".

O PP recorrerá a decisión da Mesa 

 A portavoz do PP no Congreso, Ester Muñoz, anunciou que o seu partido vai presentar un escrito de reconsideración da decisión da Mesa do Congreso de non admitir as emendas.

Á súa entrada ao Congreso antes do comezo do pleno deste martes, Muñoz dixo á prensa que ante a decisión "arbitraria" da Mesa, tamén se reservan "accións xurídicas".

Para Muñoz, esta decisión demostra que a presidenta da Cámara, Francina Armengol, non traballa para o Parlamento nin para os españois, senón para Pedro Sánchez e tamén que o PSOE "ten medo de que este Parlamento vote".

Coa emenda, o PP non está a dicir que se disolvan as Cortes, precisou, senón que insta o presidente Sánchez a que no uso das súas facultades o faga. Por tanto, "non é contrario" ao que establece o Parlamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade