Publicador de contidos
Publicador de contidos

Juergen: “Se Deus quere, seguirei no Dépor, non só outro ano, senón moitos máis”

Juergen: “Se Deus quere, seguirei no Dépor, non só outro ano, senón moitos máis”

O colombiano considera que non se pode asumir o play-off como un fracaso

G24.gal 07/04/2022 15:30

Por Zona mixta pasou o centrocampista do Deportivo Juergen Elitim. Só 22 anos, pero un xogador maduro e dos máis importantes no Deportivo e que falou con moita claridade sobre a súa situación persoal e a do equipo dirixido por Borja Jiménez

Seguirá no Deportivo

Ten claro o gusto que está no equipo branco e azul, e por iso é claro e contundente:

“Se Deus quere seguirei no Dépor non só outro ano senón moitos máis”

Ascender vía play-off

Aínda que segue crendo no ascenso directo, di que se non se dá, non será un fracaso

“Non deixo de crer no liderado"

“Ao play-off hai que darlle a importancia que merece”

“Non se pode asumir un play-off como un fracaso”

“Se subimos ninguén lembrará como o fixemos”

Cómodo no centro do campo e na media punta

Amósase adaptable ao que precise Borja Jiménez, que cando xoga arriba pídelle paciencia aínda que non contacte co balón.

"Arriba podo ser máis decisivo, pero tamén toco menos balón"

"Polas miñas características éntranme máis ganas de ir a polo balón. Pidenme paciencia e tempo para aproveitar as ocasións"

Un soño, a Selección de Colombia

"Gustaríame chegar á selección e ser importante con Colombia

O xogador do Deportivo durante a entrevista na Radio Galega O xogador do Deportivo durante a entrevista na Radio Galega
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar