Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Juan Rodríguez Poo presenta a súa dimisión como presidente do INE
Prodúcese no marco dunha reestruturación da institución ultimada polo Goberno
O Executivo discrepaba co organismo sobre o criterio no cálculo do IPC ou o PIB
                        Juan Rodríguez Poo. Fonte: INE
            
                            G24.gal
                        
                            27/06/2022 23:10
                        
                        
                        
                        
                    
                    O presidente do Instituto Nacional de Estatística (INE), Juan Manuel Rodríguez Poo, presentou a súa dimisión do cargo que exercía desde o ano 2018 á fronte do organismo, segundo adiantou o xornal ABC.
A dimisión de Rodríguez Poo coincide cunha reestruturación planificada polo Goberno do INE. O executivo mantivo discrepancias nos últimos meses ao redor do criterio do organismo no cálculo do PIB ou o IPC.
Rodríguez Poo ingresou fai catro anos como máximo responsable do INE substituíndo a Gregorio Izquierdo, que ocupaba o posto desde decembro de 2011.