Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joselu Mato volverá ao Real Madrid despois de once anos

Joselu Mato volverá ao Real Madrid despois de once anos

O xogador de Silleda reforzará o ataque do equipo branco para a vindeira temporada

Debutou no primeiro equipo en 2011 con gol nun partido contra o Almería

G24.gal 18/06/2023 19:49

Necesitado de dianteiros, o Real Madrid moveuse para reforzar o ataque para a vindeira temporada. Todo apunta a que o de Silleda Joselu Mato volverá a vestir de branco na campaña 23-24. 

Joselu, formado no Celta, marcho para o filial do Real Madrid cando tiña vinte anos, despois de completar unha boa temporada co primeiro equipo vigués. Os bos números no Castela fixeron que Mourinho lle dese a alternativa no último partido de liga ante o Almería (8-1), en que conseguiu marcar un dos goles. 

Despois tivo outra temporada no filial (19 goles), pero non conseguiu volver xogar un partido oficial co primeiro equipo. Chegaría a súa aventura alemá (Hannover, Eintracht e Hoffenheim), inglesa (Stoke, Newcastle) e o regreso a España, onde xogou no Deportivo, Alavés (2019-22) e Español (22-23). As catro últimas temporadas con grandes números, sempre por riba dos once goles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade