Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miñones asume a carteira de Sanidade ofrecendo diálogo ás comunidades

Miñones asume a carteira de Sanidade ofrecendo diálogo ás comunidades

"Non hai gasto en sanidade, hai investimento en saúde", dixo tras o intercambio de carteiras con Carolina Darias

Héctor Gómez promete continuismo ante a súa antecesora en Industria, Reyes Maroto

G24.gal 28/03/2023 07:35

Despois dos protocolarios actos de toma de posesión, tanto o novo ministro de Sanidade como o de Industria, Comercio e Turismo chegaban esta mañá por primeira vez a Moncloa para asistir ao seu primeiro consello de Ministros.

Contra as dez e media tivo lugar a toma de posesión de Miñones no Ministerio de Sanidade. Un acto en que a ministra saínde Carolina Darias, que lle desexou o mellor para afrontar unha axenda chea de traballo e novos proxectos. Miñones quixo na súa primeira intervención defender a sanidade pública, alicerce da sociedade moderna.

Pouco despois foi Héctor Gómez o que colleu o relevo de Reyes Maroto. A ex ministra agradeceu a todas as persoas que traballaron con ela por facerlle máis fácil o camiño. O novo ministro de Industria, Comercio e Turismo dixo que hai moitos desafíos pendentes malia o inxente traballo desenvolvido estes anos.

Os recentemente designados ministros de Sanidade, Manuel Miñones, e de Industria, Comercio e Turismo, Héctor Gómez, prometeron os seus cargos nun acto no Palacio da Zarzuela, nun acto presidido polo rei Filipe VI ao que asistiu o presidente do Goberno Pedro Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos