Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Juan "O Celta vaise atopar en Andorra un campo sintético e moito frío"

José Juan "O Celta vaise atopar en Andorra un campo sintético e moito frío"

O exporteiro do Lugo derrotou hai dúas semanas co Alcoyano ao rival copeiro do conxunto olívico

G24.gal 04/12/2021 10:28

Canteirán do Celta, trotamundos do fútbol, heroe no Anxo Carro e o gran protagonista da Copa do Rei 2020. É Jose Juan Figueiras e pasou polo Galicia en Goles para analizar ao rival do Celta na seguinte rolda do torneo do KO.

"Gañamos hai quince días. Alí o Celta atoparase un campo de herba sintética e sobre todo moito frío, incluso neve. Teñen máquinas para quitala pero hai risco de que non se poida xogar. Cando xogamos nós non había. Xogamos as 5 da tarde e o frío era moi grande, habería sobre 6 graos. Alí é montaña e o campo é aberto. Nótae o aire e a sensación térmica é máis baixa"

José Juan falou tamén sobre os aspectos futbolísticos do conxunto que preside o xogador do FC Barcelona, Gerard Piqué.

"Xogan dende o porteiro , dende atrás, buscan os ocos no contrario, con moita mobilidade. de tódolos equipos que xogaron contra nós este ano foi o que mellor fútbol practicou.  Está Eder Sarabia, que estivo con Setién,  e nótase esa escola"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade