Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado queda segundo en Suíza e afianza o seu liderado no mundial

Jorge Prado queda segundo en Suíza e afianza o seu liderado no mundial

O lugués gañou a primeira manga e foi terceiro na segunda

Boa carreira de Rubén Fernández que finalizou no 6º posto

G24.gal 10/04/2023 18:22 Última actualización 10/04/2023 18:35

Jorge Prado quedou segundo no MXGP de Suíza e afianza o seu liderado no mundial. O lugués gañou a primeira manga e foi terceiro na segunda despois de protagonizar outra gran saída. Jorge afianza o seu liderado con 155 puntos

Boa carreira de Rubén Fernández, que finalizou no sexto posto e que tamén é sexto no mundial.

Antes, Jorge Prado (GasGas) impuxérase na primeira manga do Gran Premio de Suíza da categoría reina do Mundial de Motocrós (MXGP).

Prado completou outra boa saída, como é habitual nel, partiu na cabeza e aos poucos foi adquirindo unha renda suficientemente importante como para poder administrala e reservar algo de físico para a segunda, que comezará ás 17:10 horas.

Cruzou a liña de meta finalmente con 6,298 segundos de vantaxe sobre o francés Maxime Renaux (Yamaha), mentres que completou o podio o tamén galo Romain Febvre (Kawasaki).

neerlandés Calvin Vaanderen asinou a cuarta praza por diante do vigués Rubén Fernández (Honda), o mellor no 'warm-up' da mañá.

Prado viuse beneficiado ademais do baixón do neeerlandés Jeffrey Herlings (KTM), o seu perseguidor na xeral, que tan só puido acabar sexto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos