Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado mantense no podio malia caer na segunda manga

Jorge Prado mantense no podio malia caer na segunda manga

Así foi a primeira manga que gañou Jorge Prado
G24.gal 06/03/2022 14:03

Jorge Prado comezou do mellor xeito o Grande Premio de Lombardía no mundial de motocrós. Triunfo do lucense que colleu a cabeza na primeira volta (pleno de holeshots no que levamos de temporada) e non a soltou malia o acoso de Tim Gajser. 

Tamén gran quinto posto para Rubén Fernández que comezou un pouco retrasado pero foi remontando ata chegar aos postos de privilexio. 

Porén, na segunda manga non chegaron tan boas novas para o piloto lucense. Non foi quen de facer a mellor saída, non puido colocar o 4 de 4 no 'holeshot' e comezou noveno nos primeiros intres da proba.

Cando tentaba adiantar no man a man con Olsen, sufriu unha caída e rematou a proba en sétimo lugar. Malia todo, subiu ao terceiro chanzo do podio en Lombardía. Na clasificación xeral, mantense segundo.

Mellor sorte tivo o debutante Rubén Fernández. O vigués mantivo un bo ritmo, rematou a segunda manga sexto e rematou sétimo o Gran Premio.

E esta foi a segunda proba do GP de Lombardía
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar