Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado acada a "pole" na Arxentina e comeza á fronte do Mundial

Jorge Prado acada a "pole" na Arxentina e comeza á fronte do Mundial

As clasificatorias outorgan puntos por primeira vez na historia e o lucense ocupa a primeira posición

G24.gal 11/03/2023 22:02

O galego Jorge Prado (Gas Gas) impúxose na carreira clasificatoria do primeiro grande premio da temporada que se vai disputar na Arxentina. Sairá desde a 'pole' no circuíto Villa La Angostura e converteuse no primeiro líder do Mundial. Desde esta temporada as clasificatorias outorgan puntos para a clasificación xeral. 

Tamén lle foi ben ao vigués Rubén Fernández (Honda) que se fixo coa cuarta posición, xusto por detrás do francés de Yamaha Maxime Renaux. 

Entre os favoritos para gañar o campionato Seewer tivo que abandonar por unha caída, Herlings non pasou do décimo posto na súa volta logo da lesión e o vixente campión Tim Gajser non pode estar na carreira ao atoparse mancado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar