Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Azcón confirma o adianto electoral en Aragón ao 8 de febreiro

Jorge Azcón confirma o adianto electoral en Aragón ao 8 de febreiro

O adianto, o primeiro na historia da autonomía, prodúcese despois dun ano e medio de desavinzas entre o PP e Vox, antigos socios de Goberno, e tras constatarse a imposibilidade de chegar a un acordo para sacar adiante os orzamentos de 2026

Azcón explicou nunha comparecencia pública que esta mañá informou ao Consello de Goberno extraordinario de que asinou o decreto de disolución das Cortes como paso previo a unha convocatoria electoral da que aspira que saia un Goberno "forte"

EFE/Javier Cebollada
G24.gal 15/12/2025 12:24

O presidente de Aragón, Jorge Azcón, confirmou o adianto das eleccións na comunidade, que se celebrarán o 8 de febreiro, un ano e tres meses antes do que correspondería. O adianto, o primeiro na historia da autonomía, prodúcese despois dun ano e medio de desavinzas entre o PP e Vox, antigos socios de Goberno, e tras constatarse a imposibilidade de chegar a un acordo para sacar adiante os orzamentos de 2026, cos de 2024 xa prorrogados.

Azcón explicou nunha comparecencia pública que esta mañá informou ao Consello de Goberno extraordinario de que asinou o decreto de disolución das Cortes como paso previo a unha convocatoria electoral da que aspira que salga un goberno "forte" e que poida aprobar un orzamento "que atenda as principais necesidades dos aragoneses".

O presidente dixo que esta decisión se debe ao "bloqueo" e a "irresponsabilidade" da oposición en xeral, e de Vox en particular, que non quixo apoiar uns orzamentos históricos, polo que tivo que convocar aos aragoneses ás urnas de forma anticipada para que expresen a súa vontade e digan "cal é o futuro que queren para esta terra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade