Jonny foi apartado por agredir un xuvenil, cuspirlle a un técnico e romper unha televisión
O ex-xogador do Celta non volverá traballar cos seus compañeiros do Wolverhampton ata finais de xaneiro

Jonny Otto está apartado do día a día do Wolverhampton. O venres pasado, o club emitiu un comunicado en que explicou que o defensa galego non podería nin xogar nin adestrarse xunto aos seus compañeiros ata finais do mes de xaneiro como castigo por un "incidente" nun adestramento.
Agora, días despois, The Athletic fixo públicos os que asegura que son os detalles do "incidente".
Segundo revela a publicación, Jonny reaccionaría con violencia tras un lance nun partidiño co xuvenil Tawanda Chirewa, ao que propinou mesmo un cobadazo. O desagradable episodio tamén incluiría un esbirro a un membro do corpo técnico e remataría sempre segundo a versión de The Athletic, con diversas desfeitas na sala de xogadores do club unha vez foi expulsado do adestramento, chegando mesmo a romper un televisor.