Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jonas Vingegaard asegura o triunfo na Volta gañando en solitario na Bola do Mundo

Jonas Vingegaard asegura o triunfo na Volta gañando en solitario na Bola do Mundo

O danés marchou dos seus rivais pola xeral nos últimos quilómetros da ascensión

Na etapa volveu haber incidentes, cunha sentada no medio da estrada que tiveron que esquivar os corredores

Foto: EFE
G24.gal 13/09/2025 17:41

Jonas Vingegaard é xa o virtual gañador da Volta a España que remata mañá en Madrid. O danés asegurou o vermello na penúltima etapa, a última de alta montaña que volveu rexistrar incidentes na subida definitiva á bóla do mundo. Alí, os manifestantes cortaron a estrada tras o paso da fuxida do día, pero os favoritos foron quen de seguir o percorrido e a tirada rematou con normalidade.

Logo de que os fuxidos fosen neutralizados, o UAE tiranba do grupo preparando un presumible ataque de Almeida que non chegou. Vingegaard daba mostras de ir moi forte, e evidenciouno nos quilómetros finais, os da ascensión máis dura á alta montaña de Navacerrada. Alí lanzou o seu ataque e, sen acadar grandes distancias, si se veu axiña que ninguén podería seguilo. Así que Vingegaard gañaba a súa terceira etapa da presente Volta, e aseguraba o maillot vermello que vai portar mañá no paseo triunfal por Madrid. 

Por detrás entraban o seu compañeiro Sepp Kuus, o gañador da rolda hai dous anos, e Hindley. Almeida acabou de quinto a 22", e será o segundo clasificado mañá. O podio vaino completar Pidcock, que foi o cuarto na bóla do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade