Javier García explica as razóns da venda frustrada a Jota Peleteiro
Encabeza a directiva que vai preparar o proxecto do Compostela na 22-23
O Compostela segue adiante co vicepresidente Javier García facendo as funcións estatutarias de presidente e sen que se apaguen os ecos da frustrada entrada de Jota Peleteiro no club.
Tiraron os sete directivos que non asinaron o acordo entre Peleterio e Antonio Quinteiro, o presidente dimitido. Un contrato por unha débeda que se pretendía repartir co resto da directiva á que puxeron en alerta os seus avogados.
Os sete do Compostela non negan a existencia da débeda co anterior presidente, a xerada entre 2011 e 2016. Javier García cuestiona as verdadeiras intencións de Peleteiro coa súa entrada no club, e a presunta apertura da entidade á sociedade santiaguesa. Así quería facelo o xogador.
No Compos tratan de funcionar con normalidade e van cubrindo etapas na pretemporada. Mentres, a batalla do relato entre os que querían entrar e os que pecharon a porta séguese impoñendo.