Cargando resultados...
Javier Avilés, nova incorporación para o ataque do Lugo
Pode xogar como extremo polas dúas bandas e chega cedido polo Leganés, onde gozou de poucos minutos
G24.gal
25/01/2023 21:20
O Lugo continúa incorporando efectivos para reconducir a situación clasificatoria na segunda parte da temporada. A última incorporación é o extremo Javier Avilés, que chega cedido polo Leganés.
O canteirán do equipo madrileño ten 25 anos e apenas tivo oportunidades esta temporada de amosar o seu fútbol (apenas 15 minutos xogados repartidos en tres partidos). A temporada pasada estivo cedido no equipo portugués do Tondela e tamén tivera unha experiencia no Atlético Baleares.
Avilés, que chegou a debutar en Primeira División, acreditou os mellores números na temporada 20-21, na que xogou 19 partidos co Leganés, once deles como titular.