Cargando resultados...
Iván Lemos simboliza a aposta por un fútbol inclusivo
G24.gal
24/12/2021 13:10
Esta é a historia de Iván Lemos. Un rapaz de Ponteareas, cunha discapacidade intelectual do 65%, pero a súa paixón polo fútbol non atopa valados. Esta temporada debutou como gardameta no Cultural Areas.
En só tres partidos Iván converteuse na estrela do equipo alevín. Así celebraba un gol dos seus ante o Coruxo.
Iván desfrutouno ao máximo. E cando houbo que executar un penalti demostrou a súa calidade desde os once metros.
O de Iván é o mellor exemplo de deporte inclusivo. Todos arredor dun neno feliz, con moito que ofrecer. Un proxecto que contou co apoio de todos.