Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Ares e Víctor Senra aspiran a todo na nova temporada

Iván Ares e Víctor Senra aspiran a todo na nova temporada

Iván Ares, actual campión de España de terra, sae a escena. Víctor Senra, no galego, dúas semanas máis tarde

G24.gal 23/02/2022 15:43

Quentan os motores e os pilotos. Coa chegada de marzo arranca a temporada de rallys coa primeira proba do Supercampionato, en Lorca. Xuntamos dous campións.

Iván Ares, actual campión de España de terra, sae a escena. Víctor Senra, no galego, dúas semanas máis tarde. Ares, con coche novo, afronta o máis difícil aínda: bater o favorito e actual supercampión Cohete Suárez na campaña da volta doutro dos grandes, Pepe López, a esta competición.

Tamén está preparado o para a acción o cinco veces campión galego, Víctor Senra, a un título da histórica marca de Xermán Castrillón. O ano pasado gañou case todo. Este intentará, ademais, probar na Copa de España de asfalto, aínda que albisca certas dificultades.

Teme Senra que ese alto número de probas do Galego pode provocar un desfile de pilotos cara á Copa de España, de seis probas, catro delas en Galicia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar