Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel expulsa dous militares pola matanza de sete cooperantes da ONG do chef José Andrés

Israel expulsa dous militares pola matanza de sete cooperantes da ONG do chef José Andrés

Dá por pechada a investigación sobre o ataque, que atribúe a un erro

Netanyahu promete abrir dúas novas vías para a entrada de axuda humanitaria

G24.gal 05/04/2024 20:33 Última actualización 05/04/2024 20:38

O Exército israelí admite que cometeu un erro grave ao identificar como operativos de Hamas os tres vehículos da ONG en que viaxaban os sete cooperantes mortos.

A investigación culminou coa destitucións dun coronel e un comandante como responsables da matanza e dáse por pechada.

A ONG non se conforma co resultado e pide unha comisión  independente, ao tempo que anuncia que suspende a misión de axuda humanitaria a Gaza. O mesmo fai a española Open Arms.

Óscar Camps, fundador de Open Arms, di: "Se paramos a operación nesta situación de fame negra é porque queremos denunciar o que está pasando aquí. Isto ten que acabar xa. E a comunidade internacional ten que deixar de ser neutral".

Tras unha conversa telefónica co presidente dos Estados Unidos, Netanyahu anunciou a apertura do paso fronteirizo de Erez e do porto de Ashdod para que entren comida e medicinas na Franxa.
Pero non lle puxo data. 

A ONU considera que a medida é insuficiente e denuncia ademais que Israel está usando a intelixencia artificial para planificar os seus ataques, co que causa matanzas indiscriminadas entre a poboación civil. O Consello de Dereitos Humanos do organismo debate este venres o cesamento da venda de armas a Israel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade