Israel detecta o primeiro caso de 'flurona' unha infección de coronavirus e gripe á vez
A muller embarazada e non vacinada infectada cos dous virus recibiu xa a alta en boas condicións
Israel detectou o primeiro caso de 'flurona', unha infección de coronavirus e gripe á vez, nunha muller embarazada non vacinada infectada polos dous virus e que xa recibiu a alta tras dar a luz.
A enferma mostrou síntomas leves, aínda que non estaba inmunizada. O Ministerio de Sanidade de Israel estuda o caso inédito para comprobar que a combinación dos dous virus non causa unha enfermidade máis grave.
"A enfermidade é a mesma. Son virais e causan dificultades para respirar, xa que ambas as dúas atacan as vías respiratorias superiores", asegura o xinecólogo que atendeu a muller.
Israel comezou este venres a administrar a cuarta dose da vacina contra a covid a doentes co sistema inmunitario debilitado. Estímase que só un 60 por cento da poboación israelí conta coa pauta completa da vacinación.
‘Flurona’: Israel records its first case of patient with COVID and flu at same time https://t.co/cTsULnuJzw
— The Times of Israel (@TimesofIsrael) January 2, 2022
