Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán bombardea Tel Aviv e bases dos EUA no Golfo tras a ofensiva de Israel

Irán bombardea Tel Aviv e bases dos EUA no Golfo tras a ofensiva de Israel

Os misís de acio guindados polo réxime iraniano causan danos en vivendas, vehículos e infraestrutura pública de Tel Aviv

Israel responde con ataques nas cidades de Teherán, Shiraz e Tabriz e cunha ofensiva terrestre e "selectiva" no Líbano contra posicións de Hezbollah 

directo Consecuencias dos ataques perpetrados en Teherán por Israel e os Estados Unidos (Majid Asgaripour/WANA/REUTERS)
G24.gal 16/03/2026 11:42

A Garda Revolucionaria Iraniana (IRGC) dixo este luns lanzar unha nova onda de ataques aéreos contra obxectivos en Tel Aviv e o aeroporto de Ben Gurión en Israel, e contra bases dos EUA en Emiratos Árabes e Barhein.

Segundo informou IRGC na operación empregou mísiles hipersónicos, drons destrutivos e tamén un mísil de acio, que causou polo menos unha ducia de impactos en distintas localidades da área metropolitana de Tel Aviv, danando vivendas, vehículos e infraestrutura pública.

Operación a grande escala de Israel contra as cidades iranianas de Teherán, Shiraz e Tabriz

Israel, mentres, anunciou este luns que os seus cazas comezaron unha nova onda de ataques "a grande escala" contra a infraestrutura do réxime iraniano nas cidades de Teherán, Shiraz e Tabriz.

O portavoz militar Nadav Shoshani afirmou que, desde o inicio da ofensiva, as forzas israelís levaron a cabo máis de 7.600 ataques en territorio iraniano en preto de 5.000 saídas aéreas dos seus cazas.

Os ataques deixaron polo menos 1.230 mortos, segundo o último reconto oficial iraniano, sen actualizar desde hai 11 días.

Israel comezou a bombardear Irán o 28 de febreiro, nunha operación conxunta con Estados Unidos que matou a Alí Khameneí e outros membros do réxime iraniano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade