Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán anuncia que atacou con mísiles a Quinta Frota dos EUA e obxectivos enerxéticos israelís

Irán anuncia que atacou con mísiles a Quinta Frota dos EUA e obxectivos enerxéticos israelís

A Garda Revolucionaria iraniana asegura que foi unha operación exitosa que "aínda non rematou"

Os EUA aseguran que destruíron a frota de submarinos de Irán e os seus portos militases

 

directo Consuencias do ataque perpetrado o pasado 28 de febreiro contra a Quinta Fronta dos EUA ( Reuters) / Sinal en directo de Tel Aviv
G24.gal 19/03/2026 13:04 Última actualización 19/03/2026 14:22

A Quinta Frota da Armada dos EUA, despregada en Oriente Medio, foi branco este xoves dun ataque "preciso" con mísiles de medio alcance por parte de Irán, e tamén obxectivos enerxéticos en Israel, segundo informou a Garda Revolucionaria iraniana (IRGC) nun comunicado.

A operación executouse de forma "completamente exitosa" e con varios tipos de mísiles balísticos, entre eles oxivas de acio.

O Exército iraniano advirte que a resposta aos ataques contra as súas infraestruturas enerxéticas "xa está en marcha e aínda non terminou". tamén informou de que empregaron drons para atacar o Ministerio de Seguridade Nacional en Xerusalén e a sede da Canle 13 israelí.

Segundo o documento, o Ministerio de Seguridade Nacional é o “centro de xestión de crise” de Israel, mentres que a Canle 13 constitúe un dos “principais instrumentos mediáticos” do país, ao que acusou de desempeñar un papel no que denominou “operacións psicolóxicas” contra Irán.

Segundo o Exército iraniano, estes ataques realizáronse en represalia pola morte do ministro de Intelixencia iraniana, Ismail Khatib, nun bombardeo israelí o martes pola noite, un día despois do asasinato do secretario do Consello Supremo de Seguridade Nacional, Ali Larijani.

Os EUA aseguran que destruíron a frota de submarinos de Irán e os seus portos militases

O secretario de Guerra dos EUA., Pete Hegseth, asegurou este xoves que as forzas armadas do seu país destruíron por completo a frota de submarinos de Irán e danado considerablemente os portos militases da República Islámica, como parte da guerra que libra xunto a Israel contra Teherán.

Hegseth afirmou que a "frota de superficie" iraniana tamén deixou " de ser un factor relevante" e confirmou que en case tres semanas de conflito danaron "ou afundiron máis de 120 dos seus buques de guerra". "Os seus submarinos, dos cales chegaron a ter once, desapareceron. Os seus portos militares quedaron inutilizados", insistiu o xefe do Pentágono.

O secretario de Guerra informou de que a capacidade de Irán de fabricar novos mísiles balísticos "sufriu, probablemente, o golpe máis duro" dentro da contenda militar, e caeu "un 90% desde o inicio do conflito".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade