Publicador de contidos

Publicador de contidos

Delcy Rodríguez remodela o seu Goberno e destitúe o militar máis leal de Maduro

Delcy Rodríguez remodela o seu Goberno e destitúe o militar máis leal de Maduro

O xeneral Padrino López levaba máis dunha década á fronte do ministerio de Defensa

A mandataria venezolana realizou dez movementos no seu equipo, entre eles nos ministerios de Enerxía Eléctrica, Transporte e Traballo

REUTERS/Gaby Oraa REUTERS/Gaby Oraa
G24.gal 19/03/2026 08:20

A presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez, acelerou este mércores os cambios no seu gabinete coa destitución do xeneral en xefe Vladimir Padrino López, ata o de agora ministro de Defensa. Unha decisión que se suma á saída do xefe da garda presidencial do mandatario, e que deixa reducida a cúpula máis incondicional do líder chavista.

Padrino López abandona o cargo dous meses e medio despois da captura de Maduro tras máis dunha década á fronte do despacho de Defensa. Colocou no seu lugar ao tamén xeneral en xefe Gustavo González López, sancionado polos Estados Unidos e a Unión Europea por violacións aos dereitos humanos durante a súa época como ministro de Interior e exdirector do Servizo Bolivariano de Intelixencia Nacional e da Dirección de Contraintelixencia Militar.

En total, a mandataria ordenou dez movementos no seu equipo, entre eles nos ministerios de Enerxía Eléctrica, Transporte e Traballo, tres sectores en profunda crise, afectados polos apagamentos constantes e a inflación.

Desde o pasado 5 de xaneiro, cando xurou como presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez iniciou un proceso de achegamento coa Administración de Donald Trump, a quen chamou "socio e amigo", e recibiu na capital venezolana a varios altos funcionarios estadounidenses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade