Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un veciño de Ourense por tentar matar a muller

Investigan un veciño de Ourense por tentar matar a muller

O suposto agresor caeu por unha fiestra e permanece ingresado en estado grave

A vítima tamén está no hospital con lesións no rostro e nun brazo

G24.gal 13/02/2024 09:45

A Policía Nacional de Ourense investiga o suposto intento de homicidio por parte dun home á súa parella, ocorrido no barrio de Covadonga na madrugada do domingo ao luns.

Os feitos producíronse na rúa Cibeles, onde o suposto autor deste crime machista, de 51 anos, tratou de matar a muller acabou caendo por unha fiestra.

Os dous permanecen ingresados nun centro hospitalario, el con feridas graves e ela con lesións nun brazo e no rostro.

A policía agarda poder tomar declaración ao home, a quen lle atribúe un delito de homicidio en grao de tentativa, e en canto se lle dea a alta poñelo a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade