Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un suposto intento de agresión sexual a unha menor en Aguiño (Ribeira)

Investigan un suposto intento de agresión sexual a unha menor en Aguiño (Ribeira)

A vítima denunciou o asalto por parte de dous individuos durante a Festa da Xuventude

Comisaría da Policía Nacional en Ribeira Comisaría da Policía Nacional en Ribeira
G24.gal 11/04/2022 12:44

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un suposto intento de agresión sexual a unha moza menor de idade esta fin de semana no concello coruñés de Ribeira no transcurso da Festa da Xuventude da localidade de Aguiño.  

A vítima denunciou o asalto por parte de dous individuos. Sucedeu de madrugada, durante os concertos que se celebraban dentro do marco da Festa da Xuventude. Os presuntos agresores non foron, polo momento, localizados.

A Policía Nacional mantén aberta unha investigación para aclarar as circunstancias do ocorrido e dar cos supostos autores do ataque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade