Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o impacto de balotes en varios vehículos en Lugo

Investigan o impacto de balotes en varios vehículos en Lugo

Dous condutores presentaron denuncia tras ser vítimas destes disparos na Rolda da Muralla

G24.gal 17/05/2024 14:44 Última actualización 17/05/2024 16:16

Circulaban tranquilamente pola Rolda da Muralla cando de súpeto se viron sorprendidos polo disparo de balotes. Foi o que lles pasou a dous condutores en Lugo. Aconteceu moi preto da comisaría da Policía Nacional, onde acudiron a presentar denuncia, e o dispositivo dos axentes no lugar dos feitos foi o que alertou os veciños de que algo pasaba.

Os axentes realizaron na zona unha peritaxe para tratar de determinar dende onde se realizaran os disparos, se fora dende a rúa, dende un edificio ou mesmo dende o alto do adarve da muralla. Moitos cren que se puido tratar dunha trasnada.

Os feitos aconteceron de día, cando había pola zona numerosos vehículos e viandantes. Afortunadamente só houbo danos materiais nos vehículos, pero os veciños amósanse preocupados polo acontecido.

Hai só uns días, nunha zona moi próxima, a Policía Local identificou dous menores que presuntamente estaban a lanzarlles pedras aos vehículos estacionados nun aparcadoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade