Cargando resultados...
Investigan as causas do incendio nun garaxe de Navia, en Vigo, que calcinou case 30 coches
Os técnicos avalían o estado da estrutura
Hai case unha trintena de coches calcinados
G24.gal
03/01/2022 14:35
Nas últimas horas os afectados buscaban información de primeira man sobre a situación. Só se permitiu o acceso a dous dos catro andares do garaxe.
Non hai acceso ao lugar do incendio para poder avaliar os danos e para que a Policía Científica poida traballar.
Non houbo danos persoais, pero vivíronse momentos tensos. Ademais do susto o incendio deixou outras pegadas.
Tres bombeiros tiveron que ser trasladados aos servizos de urxencias. Os tres foron dados de alta despois de permanecer en observación.