Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan as causas da explosión nun local de reparación de patinetes en Vilagarcía

Investigan as causas da explosión nun local de reparación de patinetes en Vilagarcía

O propietario do negocio ía ser desafiuzado en novembro por impago

Non houbo que lamentar danos persoais

G24.gal 28/09/2022 14:09

Totalmente estragado. Así quedaba o local de reparación de patinetes situado nas galerías da rúa Castelao de Vilagarcía tras a explosión que contra as 11 da maña deste martes sorprendía os veciños.

A orixe da explosión, que non causou danos persoais, podería estar na manipulación dunha bombona de cámping gas empregada para alimentar un soldador. 

A consecuencia da explosión, varios locais sufriron danos de diversa consideración en cristais e estruturas.

Os propietarios aseguran que o encargado do negocio ía ser desafiuzado nos próximos meses.

A Policía Xudicial está a investigar as causas deste suceso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade