Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a relación da covid coa hepatite aguda infantil

Investigan a relación da covid coa hepatite aguda infantil

A hipótese que se estuda é que un adenovirus podería estar afectando nenos que previamente foron infectados por outro microrganismo

G24.gal 10/05/2022 14:59

Os pediatras do Sergas volven chamar á calma. Din que non hai razóns para preocupar as familias. Nin sequera se constatan aquí máis casos de hepatite infantil que outros anos. Cóntanse en total 300 casos en 20 países e todas as hipóteses están aínda en investigación.

"A comunidade científica segue intrigada e tentando buscar as causas deste tipo de hepatites non filiadas que afectan a pobación pediátrica", explica o pediatra Quique Bassat.

Son uns 300 casos en todo o mundo, 5 en Galicia, e a hipótese de que a covid explique a maior gravidade é unha das que baralla unha investigación nos Estados Unidos.

"Neste contexto toma maior relevancia a hipótese de que o adenovirus podería estas afectando a nenos que previamente foron infectados por outro microrganismo, e neste caso tamén toma relevancia a posibilidade dunha infección por covid previa", di Bassat.

A hipótese é que esa infección previa podería desatar esa resposta máis esaxerada e grave que a que provoca o adenovirus. Entre os 300 casos desta hepatite no mundo, hai nenos que si se infectaran recentemente con ómicron. O que falta por confirmar e se se constata ou non ese patrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos