Cargando resultados...
Interceptan un buque cuns 7.000 quilos de cocaína a 535 quilómetros de Canarias
Trátase do maior alixo desta droga apreixado ata agora en augas abertas
Imaxe de arquivo dunha operación anterior contra o narcotráfico nas Canarias
G24.gal
11/01/2026 18:53
Interceptan un buque cuns 7.000 quilos de cocaína a 535 quilómetros de Canarias
A Policía Nacional e a Armada Española apreixaron en augas do oécano Atlántico un cargueiro cun alixo de sete toneladas de cocaína, segundo confirmaron a EFE fontes ao cargo das forzas de seguridade.
O barco foi localizado e intervido a 290 millas náuticas de Canarias por un equipo policial transportado polo buque de acción marítima Raio, da Armada.
O alixo, un dos maiores incautados ata a data no ámbito de Canarias, vai ser trasladado ao porto de Santa Cruz de Tenerife.