Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incendio de catro colectores de lixo na Pobra do Caramiñal

Incendio de catro colectores de lixo na Pobra do Caramiñal

É o segundo suceso similar nos últimos días na vila do Barbanza

G24.gal 30/04/2024 13:52

Por segunda vez en menos dunha semana esta noite arderon varios colectores do lixo na Pobra do Caramiñal. O lume estivo a piques de calcinar tamén un vehículo.

Membros de Protección Civil foron os primeiros en chegar ao lugar arredor da 1 da mañá despois de ser alertados por unha veciña do edificio que está xusto diante da zona dos colectores e que segundo contou levou un bo susto. Despois a chegada dos bombeiros de Ribeira evitou que as lapas se propagaran ao vehículo doutro veciño desta rúa Fernández Varela da Pobra.

Os operarios do Concello remataron coas tarefas de substitución dos colectores bastante cedo está mañá, mentres continúan as investigacións sobre uns feitos que xa aconteceron de feito similar o xoves pasado a pouca distancia. As forzas de seguridade traballan con a hipótese clara que apuntaría a incendios de orixe intencionada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar