Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incendio con dous feridos nun piso de Ponteareas

Incendio con dous feridos nun piso de Ponteareas

Dúas persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume

O lume comezou no segundo piso do número 11 da rúa Virxe dos Remedios
analois 27/01/2022 19:54

Dúas persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume nun incendio que se declarou esta tarde en Ponteareas.

O lume comezou ás catro e cuarto nunha vivenda dun edificio, na rúa Virxe dos Remedios.

Os bombeiros de Ponteareas, Protección Civil e a Policía Local conseguiron rescatar unha persoa que estaba atrapada polas lapas.

O incendio sufocouse deseguida. Polo de agora descoñécense as súas causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade