Cargando resultados...
Incendio nun iate de grandes dimensións no porto inglés de Torquay
Polo momento, descoñécense as causas do lume
O iate ten 26 metros de eslora
G24.gal
28/05/2022 17:45
Bombeiros británicos tentan sufocar o incendio declarado nun iate de grandes dimensión atracado no porto de Torquay, no condado de Devon, na costa sur de Inglaterra. Polo momento, descoñécense as causas do lume.
A imaxe da embarcación, de 26 metros de eslora, envolto nunha bóla de fume negro e chamas, está a causar unha grande expectación nas redes sociais. As autoridades pídenlle á cidadanía que evite achegarse á zona.
Algunhas persoas que se atopaban preto do lugar este sábado indicaron a medios locais que se escoitou un son "parecido a un disparo no peirao" antes do incendio.