Publicador de contidos

Publicador de contidos

As primeiras probas ao paciente illado en Valencia dan negativo ao virus de Marburgo

As primeiras probas ao paciente illado en Valencia dan negativo ao virus de Marburgo

O home de 34 anos, ingresado no hospital La Fe, estivo en Guinea Ecuatorial, que decretou a alerta sanitaria por un gromo do virus que causa unha enfermidade semellante ao Ébola

O Ministerio de Sanidade activou en España un protocolo urxente de seguimento 

Trátase dunha febre hemorráxica viral altamente infecciosa

Hospital La fe de Valencia Hospital La fe de Valencia
G24.gal 25/02/2023 10:56 Última actualización 25/02/2023 15:22

A Consellería de Sanidade de Valencia activou este venres o protocolo ante un caso, en Valencia, sospeitoso de padecer o virus de Marburgo, similar á do ébola. O gromo apareceu o día 13 en Guinea Ecuatorial.

As mostras biolóxicas do paciente remitíronse ao laboratorio de referencia do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid para a posible confirmación do caso, informa a Generalitat Valenciana. As probas PCR realizadas desbotan polo monento que os caso sospeitoso sufra a infeción. Repetiranse nos próximos días para confirmar os resultados.

Trátase dun home de 34 anos que presentaba síntomas compatibles coa enfermidade e que estivo en Guinea Ecuatorial durante un período de tempo que se podería corresponder co de incubación e desenvolvemento da enfermidade.

O paciente foi trasladado desde un hospital privado e atópase ingresado na unidade de illamento de alto nivel do hospital La Fe de Valencia, "que garante a seguridade tanto dos seus coidados como a protección dos profesionais sanitarios que o tratan", asevera Sanidade.

O 13 de febreiro as autoridades sanitarias de Guinea Ecuatorial e a OMS comunicaron un gromo de enfermidade polo virus de Marburgo, similar ao ébola, nas provincias de Kié Ntem e Wele Nzas.

A taxa media de letalidade da enfermidade oscila en torno ao 50 %. Durante os últimos gromos, estas taxas oscilaron entre o 24 % e o 88 % en función da cepa vírica e do tratamento dos casos. Considérase que o hóspede natural do virus de Marburgo é o morcego da froita. O virus transmítese destes animais ao ser humano e propágase entre estes directamente.

A Comisión de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, e a Relatoría de Alertas, Plans de Preparación e Resposta aprobaron o protocolo de actuación para a detección precoz e o manexo de casos de enfermidade por virus de Marburgo, con orixe en Guinea Ecuatorial, no que, entre outros asuntos, aconsella ingresar as persoas contaxiadas en unidades de illamento de alto nivel.

Patoloxía moi grave

Este virus, que ten un período de incubación de entre 5 e 10 días nos que non se transmite, provoca unha enfermidade hemorráxica febril que comeza de forma brusca con febre, dor muscular, debilidade, dor de cabeza e dificultades graves para deglutir.

De feito, entre o 50 e o 80 por cento dos pacientes prodúcese un enfraquecemento rápido acompañado por síntomas gastrointestinais, molestias abdominais, náuseas intensas, vómitos e diarrea nun prazo de 2 a 5 días.

A intensidade da enfermidade increméntase aos 5-7 días con erupción maculopapular e síntomas hemorráxicos como petequias, sangrado de mucosas e gastrointestinais.

Ademais, e como se reflicte no informe, os síntomas neurolóxicos (desorientación, convulsión e coma) poden ocorrer en etapas posteriores da enfermidade.

Na actualidade non existe tratamento específico, aínda que a terapia de apoio (líquidos intravenosos, osíxeno suplementario, electrólitos, etc.) pode mellorar significativamente o resultado clínico. Con todo, están a desenvolverse algúns produtos farmacéuticos como inmunoterapéuticos, interferóns ou antivirais para combater a enfermidade.

Algúns antivirais como faviparavir e remdesivir parecen ser vantaxosos en primates non humanos, pero aínda non hai evidencia clara do seu beneficio no humano. Tampouco hai ningunha vacina autorizada, aínda que a Axencia Europea do Medicamento, a EMA, autorizou as vacinas Zabdeno e Mvabea para a profilaxe posterior á exposición da enfermidade polo virus do Ébola.

A enfermidade polo virus de Marburgo é tan mortífera coma a do ébola e estímase que en África causou a morte de máis de 3.500 persoas.

A enfermidade, para a que non hai vacina nin tratamento específico, foi detectada en 1967 na cidade alemá de Marburgo, de aí o seu nome, por técnicos de laboratorio que resultaron infectados cando investigaban monos traídos de Uganda.

Laboratoio de inbvestigación do virus de Marburgo Laboratoio de inbvestigación do virus de Marburgo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos