Publicador de contidos

Publicador de contidos

Illa sofre unha osteomielite púbica por un microbio e presenta evolución "moi favorable"

Illa sofre unha osteomielite púbica por un microbio e presenta evolución "moi favorable"

Salvador Illa, nun acto o pasado 16 de xaneiro ( Kike Rincón / Europa Press) Salvador Illa, nun acto o pasado 16 de xaneiro ( Kike Rincón / Europa Press)
G24.gal 19/01/2026 18:25

O presidente da Generalitat, Salvador Illa, sofre unha osteomielite pública causada por un microbio, o streptococcus agalactiae, e presenta unha "evolución clínica moi favorable", informou este luns o equipo médico que o atende no Hospital da Vall d'Hebron.

"É unha moi boa noticia", afirmou sobre a situación do paciente o director xerente do Hospital, Albert Salazar, nunha conferencia de prensa xunto ao director clínico de diagnóstico pola imaxe, Manel Escobar, e a xefa de sección do servizo de enfermidades infecciosas, Dolors Rodríguez.

Confírmase desta forma a natureza inflamatoria infecciosa da doenza do presidente, e trátase dunha enfermidade moi pouco frecuente na pube, e previsiblemente a partir deste martes deixará a UCI para pasar a planta, e manterá repouso o tempo inicialmente establecido, unhas dúas semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade