Cargando resultados...
Idiakez: "Vivimos de soñar e estamos moi ilusionados por darlle alegría a xente"
O Deportivo preparou esta mañá o plan de partido deste domingo ante o Barcelona B

G24.gal
10/05/2024 14:03
Última actualización 10/05/2024 14:08
O Deportivo preparou esta mañá o plan de partido deste domingo ante o Barcelona B ao abrigo das lonas no campo tres e púidose escoitar a Imanol Idiakez dando múltiples instrucións aos seus pupilos.
"O que necesitamos o domingo son chupóns, quedo eu con ela (a pelota)" pediu durante un momento do traballo".
Os membros do staff facían do filial culé e o míster explicaba como estes ían xogar e a forma de contrarrestalo por parte dos coruñeses.
Idiákez non ten na cabeza outra cousa que non sexa o ascenso
"Eu soño moito, como ultimamente desvélome, vou maior, vivimos de soñar, que é o máis bonito e estamos moi ilusionados por lograr o obxectivo e dar alegría á xente".