Publicador de contidos

Publicador de contidos

Idiakez non quere euforias: "Aquí dentro hai que ter os pés no chan"

Idiakez non quere euforias: "Aquí dentro hai que ter os pés no chan"

Balenziaga e Lucas Pérez están en condiciones de xogar

A Cultural foi o único equipo capaz de vencer ao Dépor neste 2024

Foto @RCDeportivo
G24.gal 19/04/2024 16:26 Última actualización 19/04/2024 16:32

Idiakez ve "un partido moi bonito porque nos enfrontamos a un grande equipo. Gústame o seu adestrador e o seu equipo. Na segunda volta penalizáronlle moito os empates, pero espero un partido igualado e complicada".

A Cultural foi o único equipo capaz de vencer ao Dépor neste 2024.

"A derrota que sufrimos contra eles fálanos da capacidade do rival. Creo que aquel día puidemos empatar pero non o conseguimos. Ese partido fainos entender o complicado que é gañar pero temos moitos alicientes".

O Dépor afronta por primeira vez o partido cunha vantaxe de seis puntos sobre o segundo clasificado, pero o técnico mantén a mesma mensaxe.

"Todo o que sexa positividade gústame pero o fútbol cambia moi rápida e estamos centrados en gañar mañá e facer un bo partido. A única maneira de aumentar vantaxe cos rivais é gañando mañá. Aquí dentro hai que ter os pés no chan"

Tanto Balenziaga como Lucas Pérez están en condiciones de xogar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade