Publicador de contidos

Publicador de contidos

Idiákez non considera que o seu posto no Deportivo estea en dúbida

Idiákez non considera que o seu posto no Deportivo estea en dúbida

Idiákez: "Estamos no camiño, pero todos necesitamos vitorias"

G24.gal 06/10/2023 14:58 Última actualización 06/10/2023 15:26

Imanol Idiakez desexa converter o partido do domingo en Riazor contra o Celta Fortuna no punto de inflexión que o Deportivo necesita. A derrota do pasado domingo fixo saltar as alarmas e puxo o foco nun equipo que abriu a tempada con boas sensacións, pero moi poucos puntos na marcadora.

"A maior autocrítica que facemos é que dixemos que no minuto 75 deixamos de atacar. O segundo gol non o podemos recibir. Pero as cousas están a vir así. Dentro temos boas sensacións, o nivel de autocrítica é alto e queremos xogar ben ao fútbol. Estamos no camiño, pero todos necesitamos vitorias", recoñeceu o adestrador branco e azul.

Tamén insistiu en que non considera que o seu posto estea en dúbida.

"Aquí dentro non hai debate. O que a estas alturas debata a figura do adestrador que se faga responsable. O que queira outra vez tres adestradores no Deportivo como o ano pasado ten que facerse responsable diso, e non estaría a favorecer moito o futuro do Deportivo", subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade