Idiakez na súa presentación no Deportivo: "Son un namorado da canteira"
O novo adestrador do R. C. Deportivo deixou clara a importancia que terá a canteira
Idiakez: "Rubén de la Barrera e Óscar Cano facilítanme o meu traballo porque xa estableceron unha idea de xogo no equipo"
Este mediodía comezou a andaina de Imanol Idiakez como adestrador do R. C. Deportivo coa conferencia de prensa da súa presentación.
O vasco abordou todos os temas. Era evidente que un sería a substitución no posto de Rubén de la Barrera, e o adestrador falou abertamente da súa "boa relación" co técnico coruñés e de que deixa un legado positivo para o seu traballo: "El e Óscar Cano lograron establecer unha idea de xogo no equipo, que aproveitaremos".
Idiakez tamén seguiu a mensaxe que difundiu Soriano, novo director deportivo, a vindeira semana.
O técnico deixou claro que a aposta pola xente moza era algo básico e afirmou ser "un namorado da canteira", aínda que deixou claro que non todo é positivo, pois pór os rapaces novos ten un prezo: "O rendemento inmediato non é mellor, mais se non os pos, tampouco poden crecer".
Veremos como continúa o futuro do R. C. Deportivo e se Idiakez logra o tan desexado obxectivo do ascenso.