Cargando resultados...
Idiakez di que teñen "os cinco sentidos" postos no Sestao
Descarta a Ximo Navarro e non confirma onde xogará Jaime
G24.gal
03/05/2024 15:37
Última actualización 03/05/2024 15:47
O Deportivo xoga en Sestao. Di Imanol Idiakez que o seu equipo está preparado para asumir a presión do mes que queda, para soportar a presión dos partidos decisivos, os que valen un ascenso. Idiakez non ten dúbida dos seus. Vai enfrontar un rival que xoga a un ritmo alto.
"Temos un grupo de xogadores preparadísimos que se centran en xogar, é a mellor maneira de esquecerte de posibles consecuencias".
"O rival vainos obrigar a estar concentrados".
O técnico descarta a Ximo Navarro e non confirma onde xogará Jaime.